sobre o proxecto
P: que é leite edicións?
R: cremos que é aínda máis importante definir que NON somos. Leite Edicións non é unha editorial. somos un grupo de amigas, achegadas, coñecidas que gozan facendo poesía, banda deseñada, autoedición en xeral e que nos reunimos baixo un nome común para apoiarnos, compartir e rexoubar (sobre todo). pensamos que é importante deixar claro que non queremos nin somos capaces de ofrecer os servizos que poida ofrecer unha editora. resumindo… é como se nos xuntásemos para xogar á petanca (non descartamos).
P: podo publicar convosco?
R: depende. depende das túas expectativas. depende do teu rollo. pero sobre todo, depende do momento no que esteamos. ás veces non podemos dedicar todo o tempo que nos gustaría a Leite Edicións e pode que andemos demasiado liadas. ti pregunta, non vaia ser!
sobre as compras
P: como podo mercar as vosas movidas?
R: contactando connosco a través do noso formulario de compras ou calquera das nosas redes sociais (a que máis usamos é instagram). pedirémosche que nos ingreses o importe da túa compra e que nos deas un enderezo a onde envialo e realizaremos o envío. adoitamos tardar dunha a dúas semanas en realizalo.
P: que métodos de pagamento hai?
R: preferimos o PayPal pero, no seu defecto, podes pagarnos a través de transferencia bancaria.
consultas
Tes algunha dúbida? Non dubides en contactarnos. A túas consultas poden ser útiles para outra xente.